"Aquí antes había un muíño"
HISTORIA E EVOLUCIÓN DA GRAMELA
Descubre como o muíño e o barrio do Agra do Orzán medraron xuntos.
muíño da Gramela ergueuse a finais do século XVIII, cando a cidade da Coruña aínda se estendía cara ao campo.
Durante máis dun século, o vento moveu as súas aspas e alimentou fornos, panaderías e fogares.
O seu perfil dominaba a paisaxe, visible desde lonxe, e servía de referencia e encontro para os veciños.
Co paso do tempo, o barrio transformouse. As hortas deron paso ás rúas, ás escolas, aos bloques de vivendas.
En 1984, o muíño foi desmontado para “abrir” o camiño á expansión urbana.
Mais o seu recordo quedou gravado na memoria colectiva: o lugar seguiu a chamarse A Gramela do muíño, aínda cando xa non quedaba pedra sobre pedra.
Un símbolo de identidade
O muíño converteuse co tempo nun símbolo da historia común do barrio.
Foi pintado por Picasso en 1895, estudado por etnógrafos e lembrado nas conversas dos máis vellos.
O seu derrubo marcou a perda dun referente, pero tamén deu forza a unha nova conciencia veciñal: a de protexer o que queda e reconstruír o que se perdeu.
O barrio que medrou arredor
A Gramela é hoxe un barrio vivo, feito de historias migrantes, de solidariedade e de loitas cotiás.
O espazo do antigo muíño convive con escolas, prazas e murais que recuperan a súa memoria.
Os ventos que antes movían as aspas agora moven ideas, proxectos e recordos que seguen alimentando a identidade común.
Entra en funcionamento o Muíño da Gramela no actual barrio de Agra do Orzán. Era propiedade de Genaro Fontenla, un indiano enriquecido en México. Utilizábase para fabricar pan de galleta e pan fresco, abastecendo ás tripulacións dos Correos Marítimos e ao público xeral.
A factoría é incautada polo Estado, e instálanse nela tropas militares.
Genaro Fontenla falece durante a Guerra da Independencia, e o complexo entra en declive.
Os muíños da Gramela aparecen por primeira vez nun plano realizado por Manuel Ibarreña.
Os muíños de vento da Coruña, incluído o da Gramela, deixan de moer trigo, xa que as fábricas de fariña comezan a industrializar o proceso.
Documéntase o muíño a través da fotografía, como se recolle nunha vista panorámica da Colección BARTOLOMEU-CHAVER.
Pablo Picasso, con catorce anos, pinta unha pequena peza ao óleo que, segundo análises recentes, representa o Muíño da Gramela e non o de Santa Margarida, como se catalogou tradicionalmente. A obra, actualmente encóntrase na Casa Museo Picasso da Coruña.
O muíño é definitivamente retirado, tras estar case 100 anos inactivo. Ata o momento, era o único na coruña que se conservaba in situ y sin apenas modificaciones. Nese momento, xa carecía de cuberta e era considerado un "tapón urbanístico". As súas pedras desmontáronse, numeráronse e deixáronse á intemperie no parque de Santa Margarida.
O goberno local anuncia a idea de volver montar o muíño no barrio de Monte Alto ou xunto ao de Santa Margarida, plans que nunca se materializaron.
Todas as pedras do muíño son trasladadas ao almacén municipal de Bens, onde permanecen.
Veciños de Agra do Orzán mobilízanse pedindo que o muíño da Gramela volva ao barrio.
Nace Galgo Azul, unha librería e espazo cultural situado na Avenida Gramela 16, xusto enfronte de onde se atopaba o muíño.
Lánzase o proxecto cultural "Aquí antes había un muiño" (Galgo Azul) co obxectivo de recuperar a memoria, historia, e o patrimonio material e inmaterial do muíño da Gramela e do barrio de Agra do Orzán a través da cultura e as artes.
Cidadáns e colectivos esixen que o muíño sexa reconstruído no seu barrio de orixe.
Sobre o proxecto
Profundiza na iniciativa que impulsa esta recuperación patrimonial.
Repositorio Dixital
Arquivo dixital que recupera a historia, as actividades e as memorias do barrio.
Coñece a súa historia
Descubre como o muíño e o barrio medraron xuntos.
Memorias e intervencións
O barrio que fala, pinta e lembra.
Actividade co apoio da: