I FEIRA DE LIBROS TARADOS 

Galgo Azul Espazo Cultural acollerá este sábado 11 de abril (das 10:00 ás 14:00 h e da 17:00 ás 20:30 h) a primeira Feira de Libros Tarados da cidade: Un evento que pon en valor exemplares descatalogados, restos de lotes e libros con pequenas imperfeccións estéticas, que poden atoparse nalgún casos cun desconto de máis do 40 % sobre o prezo orixinal.

Grazas ao traballo articulado coas editoriais  Coco Books, Cumio, Ekaré, Juventud, Libre Albedrío, Thule, Triqueta e Zorro Rojo, esta proposta convida á comunidade lectora a fomentar prácticas de consumo responsable e gozar da mellor literatura.

Actividade con entrada de balde.

Avda. Gramela 16 - A Coruña